PRÓXIMO EVENTO

Banda cociñas

A NOSA

BANDA DE COCIÑAS

Presentámosvos a Banda de Cociñas de Pontevedra. Son quen de levar adiante a representación de todas as cociñas da cidade, de toda a hostalería e de promover a unión, a profesionalización e as boas prácticas no secor.

GASTRO EVENTOS
PONTEVEDRA CAPITAL GASTRO

MESTIZAXES 2023

A segunda edición de comida internacional da vila

PONTEDETAPAS 2022

 O tradicional concurso de tapas, Pontedetapas. 

FESTA DAS CUNCHAS 2022

Edición especial impulso a Pontevedra como Capital Española da Gastronomía 2023.

AVOA FEST 2022

Romaría dos anos 50 celebrado na illa das esculturas en Pontevedra para desfrutar como o facián as nosas avoas e os nosos avós. Unha programación chea de actividades e acompañadas dunha cociña tradicional da man de diferentes restaurantes do municipio.

PONTEALMORZO
2022

Buscamos O Mellor Almorzo de Pontevedra! Se tes un bar ou cafetería e dás servizos de almorzos, participa no concurso ao mellor almorzo da cidade. Do 6 ao 15 de maio, Pontevedra degustará e votará cal é o mellor almorzo.

ENTROIDO
GASTRONÓMICO
2021

A Feira de reposterías e panaderías de Pontevedra. Porque o pan e todo o que sae dos obradoiros da cidade, tamén son Gastronomía.

CAPITAL GASTROLAB
2021

Capital Gastrolab é a incubadora e aceleradora de proxectos gastronómicos da marca Pontevedra Capital Gastro, convócase esta 1ª edición co obxectivo de apoiar as iniciativas das persoas emprendedoras ou empresarias no sector da gastronomía.

MESTIZAXES
2021

"As cociñas de ida e volta" que quere poñer en valor as cociñas de fora que se practican na cidade e que tamén son parte importante da oferta gastronómica da vila. Teremos os encontros mestizos. 3 encontros entre a cociña internacional e a cociña galega, unha conversa de salón e entre fogóns.

AVOA FEST
2021

Un gastroevento dedicado ás avoas, un festival para recuperar a memoria gastronómica da vila e homenaxear ás mulleres que a gardaron: AS AVOAS. Unha festa para Pontevedra e a súa xente.

FESTA DAS CUNCHAS
2021

Festa das cunchas. 1º Roteiro de peticos, as xornadas gastronómicas das cunchas, os paseos en embarcacións tradicionais, a entrega do premio gastronómico, "ao Barrio da moureira" en homenaxe ao seu pasado pesqueiro e a Batalla das cunchas.

PONTEVEDRA CIDADE CANDIDATA
CAPITAL ESPAÑOLA DE LA
GASTRONOMÍA 2023

Reproducir vídeo